París, Tratado de

París, Tratado de

Tratado asinado o 10 febreiro de 1763 entre Francia e Reino Unido, que marcou a fin da Guerra dos Sete Anos (1756-1763). Por este acordo, que consagraba a vitoria inglesa sobre Francia e España, Francia cedeulle a Reino Unido, Canadá e o leste de Louisiana, e abandonou Senegal, Dominica, Saint Vincent, Tobago, Granada e Menorca. España, pola súa banda, cedeulle Florida a Reino Unido e devolveu a colonia de Sacramento a Portugal e, en compensación, recibiu de Francia o oeste de Louisiana.

Palabras veciñas

París, Pacto de | París, Paz de | Paris, Pierre | París, Tratado de | París, Tratado de | Paris-Dakar | Paris-Match