Paris-Match
Paris-Match
Semanario informativo de actualidade fundado en París, en 1949, por Jean Prouvost, como continuación do semanario deportivo Match, que desapareceu durante a ocupación nazi. Editado polo grupo Hachette Filipacchi Médias, as súas reportaxes -en que se tratan temas nacionais e internacionais-, o tratamento da información, a súa fotografía e as grandes informacións en equipo convertérona nunha revista de referencia internacional e a máis divulgada no mundo de fala francesa. Inclúe artigos en que se analiza a situación política e social no mundo, e apartados especiais dedicados á saúde, ao diñeiro e á gastronomía.