Parks, Gordon Roger Alexander Buchanan

Parks, Gordon Roger Alexander Buchanan

Fotógrafo, escritor e realizador cinematográfico. Traballou para a Farm Security Administration (1942-1943). En Life (1949-1970) realizou reportaxes sobre a situación da poboación negra e traballou en publicidade para Vogue, cun estilo directo e realista que o converteu nun recoñecido fotoxornalista. Cofundador do Essence Magazine, explorou diversos campos artísticos, como a música ou o cine, e realizou filmes como The Learning Tree (1969), baseado no libro autobiográfico homónimo, e Shaft (1971). Publicou os libros Flash Photography (1947) e Voices in the Mirror (1990).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Fort Scott, Kansas