Parménides

Parménides

Filósofo grego. Pertenceu á escola de Elea e estivo influído polo monismo relixioso de Xenófanes de Colofón, quen foi considerado o seu mestre. Admitiu un principio constitutivo da realidade e fuxiu da súa caracterización (como auga, aire, etc) para describilo con trazos máis xerais e profundos, descubertos aprioristicamente só pola razón. Expuxo a vía da verdade, propia dos que, empregando só a razón (íïõò), descobren que non se pode deixar de pensar que ‘o ser é e o non-ser non é’ e a vía da opinión (äïîá), propia dos que se fían dos sentidos e admiten inxenuamente a existencia dun mundo plural e cambiante. Deduciu a existencia dun ser único, un, indiviso, pleno, continuo, concluso, eterno (nunca precedido nin seguido do non-ser), inmutable (aínda que non o cualifica nunca de divino). O mundo sensible queda reducido á simple ‘aparencia’ e ‘ilusión’ (ataque implícito a cosmoloxías como a de Heráclito). A súa tese de eternidade do ser, o monismo óntico e racionalista, así como o seu ‘estaticismo’, influíron en toda a filosofía e física clásica -atomista e mecanicista- ata que no s XIX foi desprazada pola concepción dinámico-enerxetista da natureza.

Cronoloxía

  • Deceso

  • Nacemento

    Lugar : Elea, Magna Grecia