Parochiale Suevum
Parochiale Suevum
[RELIX]
Documento de finais do s VI que se refire ás circunscricións administrativas levadas a cabo en territorio galego baixo os reinados suevos de Teodomiro e Miro, entre 572 e 582. Ao abandonarse as formas de organización territorial romanas, foi necesaria a elaboración dunha nova división do territorio, en 13 sedes ou dioceses, e estas en parroquias, que constituían o centro dun distrito territorial. A expansión do estado dos suevos completouse coas colonizacións agrarias realizadas por mosteiros como o de Dumio.