parola
parola
(
-
s
f
Conversa informal e agradable sobre temas de pouca importancia. Na tradición oral recóllense ditos como: “Amizade de boca, bulsa pechada e moita parola. Quen moito parola, fai pouca obra”.
Ex: Estiveron de parola e non fixeron o traballo.
Sinónimos: charla, parrafeo. -
s
f
Abundancia excesiva de palabras sen contido.
Ex: A ese non se lle fai caso que todo o que di é parola.
Sinónimos: leria, verborrea.
Frases feitas
-
Ser todo parola. Ser alguén moi esaxerado, cambiando a realidade para quedar sempre ben.