leria

leria

(< gr λῆρος‘charla, insignificancia’)

  1. s f

    Conversa entre dúas ou máis persoas sobre cousas que non teñen relevancia.

    Ex: Pasaron toda a tarde de leria e non fixeron o traballo.

    Sinónimos: charla.
  2. s f

    Capacidade que ten alguén para falar moito.

    Ex: Ten coidado con el que che ten moita leria.

  3. s f

    Cousas en que se pasa o tempo por entretemento.

    Ex: Vesme con ganas de leria e non che estou para perder o tempo.

  4. s f

    Murmuración ou comentario sobre algunha cousa ou sobre alguén.

    Ex: Escóitame unha leria, pero pon atención que non cha repito.

    Sinónimos: rexouba.
  5. s f

    Asunto que causa problemas, preocupacións ou incomoda.

    Ex: Éche unha leria ter que pensar agora niso.

    Sinónimos: lea.