lea

lea

(< lear)

  1. s f

    Enfrontamento entre varias persoas en que se discute a berros.

    Ex: Varios rapaces participaron na lea que se formou diante do bar.

    Sinónimos: pendencia, refrega. Confrontacións: altercado, disputa, liorta.
  2. s f

    Enfrontamento entre varias persoas que acada a violencia física.

    Ex: Levou un golpe nunha lea e tivo que ir ó hospital.

    Sinónimos: disputa, liorta, pelexa, refrega. Confrontacións: agarrada.
  3. s f

    Situación de moito balbordo, desconcerto e desorde.

    Ex: Con semellante lea foi imposible entender nada.

    Sinónimos: barullo, confusión, liorta, rebumbio.
  4. s f

    Cousa ou grupo de cousas encerelladas e difíciles de soltar ou desenlear.

    Ex: Fixeron unha lea coa corda e houbo que tirala.

    Sinónimos: enredo, maraña.
  5. s f

    Situación para a que é difícil atopar unha solución.

    Ex: Vai ser complicado resolver esa lea.

    Sinónimos: complicación, dificultade, enredo, leria, marfallada.
  6. s f

    Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde ás voces ‘puta’, ‘pelexo’ ou ‘corda’.

    Sinónimos: ligota.

Formas incorrectas

lío