lea
lea
(< lear)
-
s
f
Enfrontamento entre varias persoas en que se discute a berros.
Ex: Varios rapaces participaron na lea que se formou diante do bar.
Sinónimos: pendencia, refrega. Confrontacións: altercado, disputa, liorta. -
s
f
Enfrontamento entre varias persoas que acada a violencia física.
Ex: Levou un golpe nunha lea e tivo que ir ó hospital.
Sinónimos: disputa, liorta, pelexa, refrega. Confrontacións: agarrada. -
s
f
Situación de moito balbordo, desconcerto e desorde.
Ex: Con semellante lea foi imposible entender nada.
Sinónimos: barullo, confusión, liorta, rebumbio. -
s
f
Cousa ou grupo de cousas encerelladas e difíciles de soltar ou desenlear.
Ex: Fixeron unha lea coa corda e houbo que tirala.
Sinónimos: enredo, maraña. -
s
f
Situación para a que é difícil atopar unha solución.
Ex: Vai ser complicado resolver esa lea.
Sinónimos: complicación, dificultade, enredo, leria, marfallada. -
s
f
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde ás voces ‘puta’, ‘pelexo’ ou ‘corda’.
Sinónimos: ligota.