enredo
enredo
(< enredar)
-
s
m
Conxunto de cousas, como fíos ou roupa, que son difíciles de separar porque están mesturadas.
Ex: Na súa mesa tiña un enredo de papeis. Fixo un enredo coa roupa e tirouna pola fiestra.
Confrontacións: lea, maraña. -
s
m
Asunto ou situación que non é fácil de resolver.
Ex: O enredo da separación farano os avogados.
Sinónimos: enguedello, enleo, ensarillada, lea. -
s
m
Acción que serve como entretemento e divertimento.
Ex: Teño que entreter os nenos, por iso inventei este enredo.
Confrontacións: xogo. -
s
m
Obxecto que se utiliza para entreter ou divertir.
Ex: Ese enredo non serve para nenos de tres anos.
Confrontacións: xoguete. -
s
m
Mentira coa que se quere prexudicar a alguén.
Ex: Non me veñas con enredos porque ben sei que es un mentireiro.
-
s
m
[LIT]
Conxunto de acontecementos que, nalgúns xéneros literarios, se unen uns aos outros para resolverse no desenlace.