Paros
Paros
Illa do arquipélago das Cícladas, situada no Mar Exeo, Grecia (195 km2; 7.300 h [estim 1980]). Separada da illa de Naxos por un canal de 5 km de lonxitude, ten na costa occidental unha pequena baía, que presenta no seu fondo a poboación de Paros. Famosa na Antigüidade polo seu mármore, nela desenvolveuse a cultura cicládica ata o s XVII a C. Tras a época micénica, os xonios déronlle un pulo importante. Grecia recuperouna dos turcos en 1821.