Parry, William Edward

Parry, William Edward

Explorador inglés. Ingresou na mariña de guerra e posteriormente realizou expedicións ás rexións árticas. En 1818, baixo o mando do capitán Ross, tentou dar co paso do Noroeste. En 1819 dirixiu unha expedición ao Ártico cos barcos Griper e Hecla. Explorou a península de Melville e, noutra expedición (1827), superou os 82° de latitude N. Escribiu Journal of a Voyage to Discover the North-West Passage (1821).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Bath, Somerset

  • Deceso

    Lugar : Greenwich