Partido Galego Independente

Partido Galego Independente
Nome científico: [PGI]

Organización creada en 1976 baixo a inspiración de X. L. Meilán Gil, como partido de ámbito galego de carácter moderado e progresista, que pretendía constituír unha resposta independente ás necesidades de Galicia. Tiña unha formulación política non-extremista e loitou contra os desequilibrios económicos e sociais galegos. Formou parte da coalición Unión de Centro Democrático (UCD) nas primeiras eleccións xerais (1977) e acadou unha importante representación parlamentaria nas provincias da Coruña e Pontevedra. Despois da conversión de UCD nun partido unitario non participou nas eleccións xerais de 1979 e 1982. Durante o proceso de disolución de UCD, refundouse (1982). En 1983 participou nas eleccións municipais en que acadou representación en diversos concellos da provincia da Coruña, e integrouse en Coalición Galega (1983).