Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista

Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista
Nome científico: [PNG-PG]

Organización política que xurdiu dunha escisión de Coalición Galega (CG), integrada polos sectores progresistas e nacionalistas do partido, en xaneiro de 1987, co nome de Partido Nacionalista Galego. Contou cunha militancia integrada de xeito maioritario por clases medias e algúns pequenos empresarios, aos que se engadiron elementos procedentes do Partido Galeguista Nacionalista (PG(N)). Desta fusión xurdiu o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG). Despois da moción de censura que derrocou a Gerardo Fernández Albor, constituíuse un goberno tripartito na Xunta de Galicia (1988-1989), en que o PNG-PG acadou a vicepresidencia e a Consellería de Pesca, entre outras. Despois do fracaso nas eleccións de 1989, integrouse no BNG en 1991.