Partito Democrazia Cristiana ou Democrazia Cristiana

Partito Democrazia Cristiana ou Democrazia Cristiana
Nome científico: [DC]

Partido político italiano creado polos antigos militantes do Partito Popolare Italiano durante a resistencia antifascista. Co triunfo e a maioría absoluta en 1948, gobernou baixo a presidencia primeiro de Alcide de Gasperi e despois doutros democratacristiáns ata 1962, e realizou unha importante reforma agraria que puxo fin ao latifundismo. Baixo a inspiración de Amintore Fanfani iniciou daquela a apertura á sinistra, que durou ata a crise económica da década de 1970, en que formou gobernos minoritarios. Durante estes anos ocupou tamén a presidencia da república, agás no período do presidente socialdemócrata Giuseppe Saragat. A partir de 1976 a súa forza baixou e viuse obrigada a compartir o poder cos partidos laicos. En 1978 perdeu a presidencia da república, que recuperou en 1985 con Francesco Cossiga, e en 1981 a do goberno, que recuperou brevemente entre 1982 e 1983 con A. Fanfani e, a partir de 1987, con Amintore Fanfani, Giovanni Goria, Ciriaco de Mita e Giulio Andreotti. A proliferación de casos de corrupción que implicaban a membros do estamento político provocou o derrubamento do sistema político italiano en 1993. Ao inicio de 1994 o partido refundouse co nome de Partito Popolare Italiano. A pesar desta recomposición, o apoio a Casa delle Libertà de Silvio Berlusconi, que sempre fora secundado pola á máis dereitista do partido, foi un dos motivos de enfrontamentos constantes no seo do partido.

Palabras veciñas

partitivo -va | Partito Comunista Italiano | Partito Democratico della Sinistra | Partito Democrazia Cristiana ou Democrazia Cristiana | Partito Popolare Italiano | Partito Socialista Italiano | partitura