1 parto
(
-
s
m
[FISIOL]
Acción de parir. Consiste na expulsión dun feto viable fóra dos órganos xenitais e acontece cando este ten cumprido o ciclo de vida intrauterina, que na especie humana ten unha duración de 40 semanas. A expulsión do feto, consta de tres períodos: supresión e dilatación do colo uterino, expulsión do feto e período placentario. A partir das 30 semanas as contraccións uterinas aumentan en intensidade e en frecuencia, feito que contribúe á maduración do colo, e cando este está maduro, é dicir, dilatado uns 2 ou 3 cm, comeza o parto, acaba de dilatarse o colo, é expulsado o tapón mucoso, rompe a bolsa de augas e iníciase o período de expulsión, que se produce polos efectos das contraccións uterinas e polos esforzos que fai a muller ao puxar.
-
s
m
Produción ou froito de algo ou alguén.
Frases feitas
-
Parto dos montes. Expresión que se utiliza para indicar que despois dun esforzo moi grande o resultado foi insignificante ou pouco notorio.
-
Ser un parto como o dunha burra. Tardar moito en resolverse ou realizarse un asunto.
Refráns
- A galiña pare cantando e a muller chorando.
- A muller parida nin farta nin limpa.
- A que cría, empeora; e a que pare, mellora.
- Cada parto un sobresalto.
- Cada parto unha ventura.
- fillo sen dor, nai sen amor.
- O parir é dor e o criar é amor.
- Parto mollado, parto adiantado.
- Poldro, de poldrela; becerro, de vaca vella.