Pasaia

Pasaia

Municipio da provincia de Gipuzkoa, Euskadi, situado 10 km ao NL de Donostia, a ambas as dúas beiras do esteiro homónimo (15.962 h [2001]). Posúe estaleiros, salgas, metalurxia e unha central térmica. O porto ten unha grande actividade pesqueira e comercial.