Pasatempo, ponte do

Pasatempo, ponte do

Construción situada sobre o río Valiñadares na parroquia do Carme (Mondoñedo). Realizada en xisto e granito cun arco de medio punto e muro de acompañamento, ten un van. Foi o lugar onde tres cóengos disfrazados retiveron a Isabel de Castro, dona do mariscal Pardo de Cela, cando regresaba de Castela co indulto dos Reis Católicos para o seu marido. Esta retención permitiu a execución do mariscal. Atópase no antigo camiño real a Mondoñedo.

Palabras veciñas

pasarrúa | pasatempo | Pasatempo, O | Pasatempo, ponte do | Pasatiempos | pasavante | pasaxe