pasaxe

pasaxe

(< fr passage)

  1. s f

    Acción de pasar dun lugar a outro.

    Sinónimos: pasada.
  2. s f
    1. Lugar por onde se pasa.

    2. Paso público entre dúas rúas, xeralmente cuberto.

  3. s f

    Dereito a pasar por terras ou lugares alleos.

    Sinónimos: pasantía.
  4. s f
    1. Prezo que se paga por viaxar nun vehículo de transporte colectivo marítimo ou aéreo.

    2. Billete ou xustificante que recibe un viaxeiro como comprobante do pagamento do importe dunha viaxe.

  5. s f

    Conxunto dos pasaxeiros que viaxan á vez nun medio de transporte marítimo ou aéreo.

  6. s f

    Acontecemento ou situación ocasional.

  7. s f

    Porción indefinida dunha composición literaria, musical ou dun discurso que ofrece unha certa particularidade.

  8. s f [MÚS]

    Transición dun ton a outro.

  9. [RELIX]
    1. s f

      Suma que se pagaba para ser admitido na orde de san Xoán de Xerusalén.

    2. dereito de pasaxe

      Suma que pagaban aqueles que eran recibidos na orde de san Xoán de Xerusalén despois de ter pertencido a outra orde relixiosa.

Refráns

  • Pasa ti, que non pasaches ¡vállante os diaños, que aínda tardaches!