Pascua, illa de ou Rapa Nui
Pascua, illa de ou Rapa Nui
            
  
  
        
  
  
  
  
        Illa situada no Pacífico, a máis oriental de Polinesia (162,5 km2; 2.770 h [1992]). É unha dependencia do estado de Chile desde 1888. Ocupada, probablemente, nos ss X e XIII, polo lendario Hotu-Matua, foi descuberta en 1686 polo pirata inglés Edward Davis, e bautizada polo neerlandés Roggeveen o día de Pascua de 1722. A poboación autóctona pertence ao grupo polinesio, pero a causa do illamento xeográfico desenvolveron unha forma peculiar de civilización. Destacan as máis de 300 esculturas antropomórficas de enormes proporcións que formaban parte dos ahu (‘santuarios’) ata a metade do s XIX. O Parque Nacional de Rapa Nui foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1995).
 
                  