Paso, El
Paso, El
Grupo artístico que xurdiu en Madrid en 1957 coa intención de achegar as correntes vargandistas españolas ao contexto internacional. Formouse pola iniciativa de R. Canogar, L. Feito, M. Millares, A. Saura, M. Rivera e os críticos M. Conde e J. Ayllón, ademais de J. Francés, P. Serrano e A. Suárez, que o abandonaron pouco despois de se crear. En 1958 uníronse ao grupo M. Chirino e M. Viola. Estes artistas expuxeron colectivamente e publicaron o boletín informativo Carta de El Paso. Disolveuse en 1960.