Pasolini, Pier Paolo

Pasolini, Pier Paolo

Escritor e realizador cinematográfico italiano. Influído por Gramsci, tentou enxertar un filoloxismo de ascendencia hermética na ideoloxía marxista. Crítico, narrador e poeta, loitou pola revalorización do feito de creación popular e, sobre todo, do friulano. Autor dos libros poéticos I diari (1945) e Poesie dimenticate (1965), e de novelas como Ragazzi di vita (1955), realizou os guións de películas como Morte di un amico (1959), La dolce vita (1960) ou La commare secca (1962). Logo de adquirir unha linguaxe cinematográfica autónoma e orixinal, dirixiu os filmes Accattone (1961), Mamma Roma (1962), La rabbia (1963), Il Vangelo secondo Matteo (1964), unha adaptación da vida de Xesús Cristo; Edipo re (1967), Medea (1970), Il Decamerone (1971, Silbernen Bär en Berlín), I racconti di Canterbury (1972, Goldener Bär en Berlín) e Salò o le 120 giornate di Sodoma (1976), estreada postumamente.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Boloña

  • Deceso

    Lugar : Ostia, Roma