Pasteurella
Pasteurella
[MONERA]
Xénero de bacterias cocos gramnegativas da familia das pasteureláceas, inmóbiles, de forma alongada ou elipsoide, anaerobias facultativas, parasitos obrigados dos animais e patóxenos para o home (P. pestis é o axente causante da peste bubónica) e para os animais (P. multocida ataca os bóvidos, os porcos e as ovellas e provoca nos paxaros o cólera aviario).