Pastoriza, pazo de
Pastoriza, pazo de
Construción situada en Mabegondo (Abegondo). Ten planta rectangular e cuberta a catro augas. Está realizado en cachotaría con cantaría nos vans. Na fachada destacan dous escudos de armas. Nas súas proximidades sitúase unha capela que forma escuadra co pazo e que se comunica con este polo interior. É de reducidas dimensións e conta con espadana. O pazo e a capela están rodeados por unha muralla realizada en cachotaría.