Pastoriza, pazo de

Pastoriza, pazo de

Construción situada en Mabegondo (Abegondo). Ten planta rectangular e cuberta a catro augas. Está realizado en cachotaría con cantaría nos vans. Na fachada destacan dous escudos de armas. Nas súas proximidades sitúase unha capela que forma escuadra co pazo e que se comunica con este polo interior. É de reducidas dimensións e conta con espadana. O pazo e a capela están rodeados por unha muralla realizada en cachotaría.

Palabras veciñas

Pastoriza | Pastoriza, A | Pastoriza, Nosa Señora de | Pastoriza, pazo de | pastosidade | pastoso -sa | pastramada