Pathé
Pathé
[IMAX]
Empresa francesa vinculada ao mundo cinematográfico. Creada a partir da histórica Pathé Frères, fundada en 1896 polos irmáns Pathé, no s XXI converteuse nunha das principais produtoras independentes de filmes de Europa, con implantación en Francia, Italia, Países Baixos, Reino Unido e Suíza. Ademais, especializouse na edición de vídeo e na produción de programas televisivos, así como na distribución e proxección de filmes en salas a través da súa filial, EuroPalaces. Da súa produción destacan os filmes Les Misérables (1958), Il Gattopardo (1963), L’Amant (1992), Astérix et Obélix: Mission Cléopâtre (2002) e In the Cut (2003).