Pathé, irmáns
Pathé, irmáns
Familia de pioneiros da industria cinematográfica e fundadores da empresa Pathé Frères (1896), que máis tarde deu lugar á produtora Pathé. Émile Pathé (París 1860-1937), encargouse dos fonógrafos e do traballo comercial da empresa. Charles Pathé (Chevry-Cossigny 1863-Montecarlo 26.12.1957), foi o responsable de todo o traballo cinematográfico e artístico. Colaboraron tamén na empresa os outros dous irmáns, Jacques e Theophile . En 1907 crearon o primeiro xornal semanal filmado de actualidade, en 1918 iniciaron a produción de gramófonos, e en 1927 asociáronse con Kodak para a produción de material cinematográfico.