Patocka, Jan

Patocka, Jan

Filósofo. Xunto con Masaryk, foi a figura principal da filosofía checa do s XX. Prohibido polos nazis e despois polo goberno comunista checo, en vida só publicou a súa tese de doutoramento Prirozeny svét jako filosoficky problém (O mundo natural como un problema filosófico, 1936). Foi o voceiro do movemento de protesta Carta 77, e morreu nun interrogatorio policial sobre o nomeado manifesto. A súa filosofía foi unha síntese entre Husserl e Heidegger. Propuxo unha fenomenoloxía asubxectiva e prolongou a reflexión sobre o mundo natural nunha reflexión sobre a historia, a contemporaneidade e, finalmente, sobre o significado de Europa. Tamén escribiu Platon a Evropa (Platón y Europa, 1973) e Kacírské eseje o filosofi dejin (Ensaios heréticos sobre filosofía da historia, 1975).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Praga

  • Deceso