Patria Galega

Patria Galega
[PUBLIC]

Revista publicada en La Habana a partir de abril de 1941. Cesou en decembro de 1960. Subtitulouse “Órgao ofizial do Juntoiro do mesmo nome” e “Voceiro da Galiza liídima”. Fundado por Fuco G. Gómez, caracterizouse pola súa tendencia nacionalista e os seus intentos por fomentar a conciencia galeguista a través da cultura e a axuda aos emigrados. Informou sobre as actividades dos galegos na cidade, ademais da historia e a política galegas.