Paul, Wolfgang

Paul, Wolfgang

Físico alemán. Estudou nas universidades de Berlín e de Kiel. Na década de 1950 desenvolveu unha técnica para atrapar ións nunha trampa electromagnética durante longos períodos de tempo, que permitiu abrir novos campos de investigación na espectroscopia atómica. Esta técnica permite illar átomos, excitalos con feixes de láser e estudar o seu espectro de enerxía. Foi director da división nuclear de física da Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN, 1965-1967). Recibiu o Premio Nobel de Física (1989) xunto a H. G. Dehmelt e N. F. Ramsey, por estas investigacións.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lorenzkirch, Saxonia

  • Deceso

    Lugar : Bonn