Pauling, Linus Carl

Pauling, Linus Carl

Químico estadounidense. Estudou no Oregon State College e no California Institute of Technology, no que se doutorou en 1925 e foi profesor. Introduciu a mecánica cuántica na química atómica e elaborou unha teoría do enlace químico que expuxo en The Nature of the Chemical Bond (1939), e pola que en 1954 recibiu o Premio Nobel de Química. Contrario á guerra atómica, organizou numerosas campañas contra os experimentos atómicos e publicou No More War! (1958), polo que recibiu o Premio Nobel da Paz en 1962.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Portland, Oregon

  • Deceso

    Lugar : Big Sur, California