Pavia, Batalla de

Pavia, Batalla de

Combate entre os exércitos de Carlos V e de Francisco I de Francia en Pavia (Lombardia) a noite do 23 ao 24 de febreiro de 1525 durante a guerra polo predominio europeo. O exército de Francisco I asediou en outubro de 1524 a cidade, defendida por unha gornición imperial; mentres, o exército imperial comandado polo marqués de Pescara e por Charles de Lannoy uniuse co condestable de Borbón e iniciou o ataque o 24 de febreiro. A pesar da inicial febleza da cabalaría do marqués de Pescara, a situación foi salvada polos arcabuceiros e despois pola irrupción dos homes da gornición. O rei francés foi feito prisioneiro e levado a Madrid, onde despois do Tratado de Madrid (1526) foi liberado.