Paz, Agustín
Impresor. Entre 1541 e 1542 tiña, con Juan Picardo, obradoiros tipográficos en Zamora, en que editou Crónica general de España e parte das obras de Alvar Núñez Cabeza de Vaca. Tras a disolución da sociedade marchou a Astorga, onde imprimiu o Libro de Albeitería, de Francisco de Reina, o Missale Astoricense (1546) e o Thesaurus Angelorum (1547). Posteriormente, e en resposta ao chamamento do bispo de Mondoñedo, Diego de Soto, instalou a imprenta en Mondoñedo, onde editou a que se considera a primeira obra impresa na localidade, Descripción del Reyno de Galizia (1550), de Bartolomé Sagrario de Molina, e os Coloquios Satíricos (1553), de Torquemada. Nas súas impresións empregou fundamentalmente caracteres góticos, aínda que nas últimas edicións utilizou os trazos romanos. Arruinado polas débedas, o 23 de xaneiro de 1555 asinou co cabido de Oviedo a reimpresión de 1.200 exemplares do Breviario Ovetense e 1.100 misais, que non serviron para liberalo do cárcere real de Santiago.
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : Santiago de Compostela