Paz, Luís

Paz, Luís

Impresor. Herdou os obradoiros tipográficos de seu pai, Agustín Paz, que mantivo en Santiago de Compostela. Rexentounos despois de que o fixese súa nai (558-1563), Beatriz Pacheco, en asociación co libreiro Alonso de Cárdenas. A súa impresión caracterízase pola utilización dos caracteres romanos en substitución dos góticos. Dos seus talleres coñécese a impresión das Constituciones para el buen gobierno de la Iglesia de Santiago (1578) e das Constituciones Reales de la Universidad de Santiago, y sus Colegios Mayor y Menor (1602), ademais de varios Traslados de Privilegios Reales, que se realizaron entre os anos 1580 e 1600. Despois da súa morte, foi o seu fillo, Xoán Pacheco, quen se encargou da imprenta.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela

  • Deceso