Paz Bernardo, Jaime

Paz Bernardo, Jaime

Numismático. Comezou a coleccionar moedas en 1970 e, en breve, dedicouse ao estudo da historia numismática de Galicia. Coas súas doazóns e as doutros coleccionistas creou o Museo Numismático de Lobios (1996), en que exerce como conservador. Colaborador en publicacións especializadas, como Gaceta Numismática, e de medios de comunicación, como El Correo Gallego, Faro de Vigo, El Progreso e Jornal de Noticias, escribiu Catálogo de bolsillo de la moneda española. 1833-1979 (1979), Las monedas acuñadas en Galicia (1991), Como coleccionar monedas, su limpieza y conservación (1995) e Moedas galegas do século IX a C ao século XXI d C (2002). Foi membro fundador da Asociación Española de Numismáticos Profesionales e recibiu a medalla presidencial da Asociación Numismática Española en 1993 polos seus traballos de investigación e difusión da numismática en Galicia.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lobios