Paz Mouta, Manuel
Escultor. Formouse na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela (1978-1979), foi profesor de escultura na Escola de Canteiros de Poio (1980-1990) e residiu en Nova York (1992-1994). As súas primeiras obras foron colaxes e pezas de madeira, pero despois decantouse polas formas e os materias autóctonos. Tentou conseguir, coa transformación do granito ao modo dos antigos canteiros, unha síntese entre a cultura castrexa e o construtivismo e minimalismo contemporáneo. Posteriormente, traballou a lousa en pezas en que se limitou a utilizar as pranchas sen traballar, encaixándoas en estruturas de ángulos moi agudos. Realizou tamén obras con reixas metálicas pintadas. Das súas obras destacan Menhires pola paz, no Parque Escultórico Torre de Hércules (A Coruña), Historia (1999), realizada para a Universiada de Palma de Mallorca, e o monumento ás vítimas dos atentados do 11 de marzo en Madrid, situado en Caldas de Reis (2004).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Castrelo, Cambados