Paz Pena, Xosé

Paz Pena, Xosé

Sindicalista. Foi un membro destacado do sindicato Solidaridad Marinera de Cangas. Afiliado á FAI, foi encarcerado en setembro de 1933 no transcurso dunha longa folga, acusado de colocar unha bomba no domicilio dun armador. Durante o golpe militar franquista estaba en Vigo, onde participou activamente nas barricadas. Retornado a Moaña, en novembro de 1936 foi detido polos falanxistas, torturado e asasinado.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Moaña

  • Deceso