Paz Rodríguez, José
Pedagogo e profesor. Licenciado en Pedagoxía pola Universidad Complutense de Madrid (1971), exerce como profesor de didáctica na facultade de Educación de Ourense e, desde 1974, como profesor lector da UNED. Foi subdirector e director da Escola Normal de Ourense e, desde 1984, preside o movemento de renovación pedagóxica ASPGP (Associaçom Sócio-Pedagógica Galaico-Portuguesa), a Escola Internacional de Verao: “Jornadas de Ensino de Galiza e Portugal” e a Federación Galega de MRP. Membro da Associaçom Galega da Língua (AGAL), formou parte do consello de redacción das revistas culturais internacionais de lusofonía Nós e Cadernos do Povo e, desde 1985, dirixe para Galicia a revista educativa O Ensino. Especialista da obra de Rabindranath Tagore, publicou numerosos artigos sobre as súas ideas educativas, as súas institucións pedagóxicas e a súa relación co mundo latino, tanto en revistas da India como españolas, galegas e portuguesas. Publicou o libro A festa popular dos maios na escola (1998).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Corna, Piñor