Pázmány, Péter

Pázmány, Péter

Escritor húngaro. Foi xesuíta e o principal ideólogo da Contrarreforma en Hungría. Como escritor está considerado o mellor representante da prosa barroca do seu país e caracterízase pola forza persuasiva dos seus sermóns (1636). Da súas obras destacan o oracional Imádságos könyv (1606) e Hodoegus, vagy Isteni igazságra vezérlö, Kalauz (1613).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Nagyvárad, actual Oradea

  • Deceso

    Lugar : Pozsony, actual Bratislava