Pazos Gallegos, Los
Pazos Gallegos, Los
[PUBLIC]
Cadernos editados en Vigo a partir de 1928 e dirixidos polo marqués de Quintanar, Xavier Ozores Pedrosa e Xosé Cao Moure, propietario da editorial PPKO, encargada de publicar cada un dos volumes. O seu último caderno foi probablemente o nº7, editado en 1932. Como publicación de excelente calidade, incluía fotografías dos pazos máis importantes de Galicia, ademais dos artigos en que se explicaban as súas características e os escudos das casas propietarias.