Peckham, John

Peckham, John

Teólogo. Educado no mosteiro de Lewes, ingresou nos franciscanos (1250?) e estudou en Oxford e en París, onde foi discípulo de san Bonaventura. Noveno provincial dos franciscanos de Inglaterra (1275), loitou pola observancia da regra. Arcebispo de Canterbury (1279), iniciou unha vasta acción contra a simonía e a acumulación de riquezas. Deixou unha extensa obra científica e teolóxica: De sphaera, Theoria planetarum, Speculum animae e Quaestiones disputatae et Quodlibeta.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Patcham, Sussex

  • Deceso

    Lugar : Mortlake, Canterbury