Pedra Moura, dolmen de

Pedra Moura, dolmen de

Dolmen situado en Aldemunde (Carballo). Está constituído por unha cámara poligonal, que presenta sete lousas chantadas de grandes dimensións, e por unha enorme tampa desprazada da súa disposición orixinaria, que mide 3,40 m de lonxitude e 2,20 m de anchura. Carece de mámoa.