Pedra Moura, gravado rupestre de
Pedra Moura, gravado rupestre de
Gravado rupestre situado no lugar de Fragoselo en Coruxo (Vigo). A rocha de 10,50 m por 4,70 m, presenta unha gran cantidade de combinacións circulares de diferentes tamaños, sucos, cazoletas, coviñas e pegadas zoomorfas. Destaca o gran suco que percorre a rocha en sentido norte a sur, á dereita do que aparece unha gran combinación circular de 124 cm de diámetro. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1975.