Pedro I de Portugal o Xusticeiro
Pedro I de Portugal o Xusticeiro
(Coimbra 1320 - Estremoz 1367) Rei de Portugal (1357-1367), fillo de Afonso IV de Portugal e de Beatriz de Castela. Casou en primeiras nupcias con Costanza Manuela, da que quedou viúvo sendo aínda príncipe herdeiro. Tivo por amante a Inés de Castro, coa que casou en segredo en 1354. A ascendencia dos Castro sobre o príncipe e as rivalidades dos grupos nobiliarios motivaron a conxura dun grupo de cortesáns que rematou co asasinato de Inés de Castro en 1355. Isto motivou a rebelión do infante (1355-1357) que, unha vez coroado (1357), reivindicou a legalidade da súa unión con ela (1360) e castigou os seus asasinos.