Pedro II de Portugal
Pedro II de Portugal
Rei de Portugal (1683-1706), fillo de Xoán IV de Portugal e de Luísa de Guzmán. En 1667 tomou o poder de mans do seu irmán Afonso VI, incapacitado, e nomeouse rexente ata a morte deste (1683). Durante a súa rexencia asinou o Tratado de Lisboa (1668), polo que a coroa castelá recoñecía a independencia portuguesa e devolvía as prazas ocupadas, a excepción de Ceuta. Durante a Guerra de Sucesión Española apoiou o arquiduque Carlos de Austria.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Lisboa -
Deceso