Pedro de Portugal o Condestable

Pedro de Portugal o Condestable

Rei de Catalunya e Aragón e condestable de Portugal, fillo do infante Pedro de Portugal, duque de Coimbra, e de Isabel, filla de Xaime de Urgell. Reinou efectivamente só en Catalunya xa que os cataláns, en loita con Xoán II, proclamárono rei en Barcelona en 1463. Á morte do seu pai, foi proclamado conde de Barcelona (1463) e rei de Aragón. Considerado o primeiro autor portugués que emprega o castelán e posuidor dunha importante biblioteca, na súa obra reflíctese a súa sensibilidade para retratar as relacións humanas, o valor do libro como instrumento e referencia cultural, o seu interese pola sabedoría e o estoicismo, a preocupación por darlles aos acontecementos unha dimensión exemplar, a estratexia política e ideolóxica como eixe vertebrador de moitos dos seus textos, a sensibilidade estética do home renacentista e a súa referencia continua aos clásicos como Aristóteles, Boecio, Ovidio, Platón, Séneca e Terencio, entre outros. Esta preocupación pola cultura traduciuse na autoría de varias obras literarias, como Sátira de Infelice e Felice Vida (anterior a 1453), escrito inicialmente en portugués e traducido por el mesmo ao castelán; Coplas del menesprecio e contempto de las cosas fermosas del mundo (entre 1453 e 1455), en castelán e dedicada ao Rei Afonso V de Portugal; e Tragedia de la Insigne Reina Doña Isabel (entre 1456 e 1457), en castelán e dedicada ao seu irmán Jaime.

Cronoloxía

  • Nacemento

  • Deceso

    Lugar : Granollers