Peel, Robert
Peel, Robert
Político británico. Deputado tory, foi secretario de Asuntos Irlandeses en 1812 e secretario de Interior (1828). Reformou o código penal, opúxose á política tory, e formou, sobre a base duns principios de reforma moderada, o Conservative Party, con que triunfou nas eleccións de 1841. Do seu goberno (1841-1946) cómpre subliñar a Peel Act (1844), a súa política de firmeza e de conciliación intermitentes con Irlanda e a abolición das Corn Laws (1846).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bury -
Deceso
Lugar : Londres