peite
(< lat pectĭne)
-
s
m
Utensilio formado por unha lámina oblonga, de diversos materiais sólidos, provista dunha ringleira de pugas, máis ou menos xuntas, que serve para desenlear e peitear o cabelo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Díxolle o peite ao tiñoso: “Tírate alá, piolloso”.
Sinónimos: pente, pieite. -
s
m
-
Utensilio ou ferramente semellante, pola súa forma ou función, a un peite.
Sinónimos: pente, pieite. -
Ferramenta de folla dentada, que se emprega para alisar e limpar as impurezas das fibras téxtiles.
Sinónimos: pente, pieite. -
Instrumento, provisto de pugas, que se usa para cardar a la.
Sinónimos: pente, pieite. -
Armazón do tear, con fendas paralelas e perpendiculares, polas que se fan pasar os fíos da urda.
Sinónimos: pente, pieite.
-
-
s
m
[BÉL]
Peza metálica que, nas armas de fogo, contén unha serie de proxectís.
Sinónimos: pente, pieite. -
s
m
[ESPECT]
Enreixado con poleas, situado por enriba do tear dos escenarios, desde onde se manexan os decorados.
Sinónimos: pente, pieite.
Refráns
- Peite encuvado, cabelo desenguedellado.