peite

peite

(< lat pectĭne)

  1. s m

    Utensilio formado por unha lámina oblonga, de diversos materiais sólidos, provista dunha ringleira de pugas, máis ou menos xuntas, que serve para desenlear e peitear o cabelo. Na tradición oral recóllense ditos como: “Díxolle o peite ao tiñoso: “Tírate alá, piolloso”.

    Sinónimos: pente, pieite.
  2. s m
    1. Utensilio ou ferramente semellante, pola súa forma ou función, a un peite.

      Sinónimos: pente, pieite.
    2. Ferramenta de folla dentada, que se emprega para alisar e limpar as impurezas das fibras téxtiles.

      Sinónimos: pente, pieite.
    3. Instrumento, provisto de pugas, que se usa para cardar a la.

      Sinónimos: pente, pieite.
    4. Armazón do tear, con fendas paralelas e perpendiculares, polas que se fan pasar os fíos da urda.

      Sinónimos: pente, pieite.
  3. s m [BÉL]

    Peza metálica que, nas armas de fogo, contén unha serie de proxectís.

    Sinónimos: pente, pieite.
  4. s m [ESPECT]

    Enreixado con poleas, situado por enriba do tear dos escenarios, desde onde se manexan os decorados.

    Sinónimos: pente, pieite.

Refráns

  • Peite encuvado, cabelo desenguedellado.

Palabras veciñas

Peiró i Belis, Joan | peita | peitar | peite | peiteado -da | peiteador -ra | peitear