peludo -da

peludo -da

(< pelo)

  1. adx e s

    Que ou quen ten moito pelo.

    Ex: Era moi peludo e sempre levaba o cabelo curto.

  2. adx e s

    Que ou quen ten o corpo cuberto de pelo.

    Ex: Depilouse porque é moi peluda.

  3. s

    Persoa que leva o pelo longo e descoidado.

    Ex: Éche un peludo, sempre anda coas guedellas ata o chan.

  4. s m

    Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘pexego’.

Frases feitas

  • Pasalas peludas. Pasar por unha situación moi difícil e complicada.

Palabras veciñas

Peltonen, Johannes Vihtori | peltre | peluche | peludo -da | Pelusio | Pelusium | peluxe